Besteiro apela a "recuperar vellos consensos que se romperon polo PP" para incentivar o uso do galego

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, apelou a esta necesidade para lograr que o galego "se fale máis e mellor".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/06/2024 | Actualizada ás 14:43

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, apelou a "recuperar vellos consensos" políticos para lograr que o galego "se fale máis e mellor". Así o expuxo nunha visita á Real Academia Galega (RAG) xunto a representantes desta formación no Parlamento galego, no que reivindicou o "compromiso" dos socialistas para promover medidas en aras deste obxectivo.

"Que o falen cada vez máis, non como agora que o falan cada vez menos", sentenciou ao incidir, en declaracións aos xornalistas, na necesidade de "recuperar vellos consensos que se romperon polo PP", sentenciou ao aludir ao ano 2010. Tanto aos populares como ás demais formacións pediulles que se somen á "política de consenso" con medidas como o "impulso económico" do plan de normalización lingüística e traballando en "clave de colaboración".

"Con toda a sociedade civil", insistiu para referirse, ademais, ao obxectivo de que este presente no Parlamento europeo, en referencia aos comicios deste domingo. Pola súa banda, o presidente da Real Academia Galega, Víctor F.Freixanes, manifestou, nunha visita que tivo lugar nas instalacións provisionais da institución académica, no polígono de Pocomaco, que esperan que "nun prazo razoable, nun ano e pouco", poidan estar xa na sede oficial, na rúa Tabernas, unha vez conclúan as obras de remodelación.

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, visita a Real Academia Galega
O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, visita a Real Academia Galega | Fonte: PSDEG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta