Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 10/06/2024 | Actualizada ás 19:28
Fundación Naturgy lanzou un novo módulo de formación para o profesorado de formación profesional en Galicia enfocado a mellorar as súas capacidades no mundo da sustentabilidade aplicada no sistema produtivo. Este luns tivo lugar a inauguración desta formación para os 200 docentes de formación profesional, que empezará a ser impartida en todos os cursos a partir do próximo curso.
Segundo informou a compañía enerxética nun comunicado, este módulo titulado 'Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo' incorpórase como contido transversal en todos os ciclos formativos de FP durante os meses de xuño e xullo. Desta forma, o profesorado recibirá formación sobre os retos "ambientais, sociais e de gobernación" aos que se enfronta a sociedade, para os que recibirán "claves" para o deseño dun plan de sustentabilidade e "correcto desempeño profesional".
Durante o acto de lanzamento do módulo, a directora xeral de FP, Eugenia Pérez, incidiu na importancia da formación do profesorado, que constitúe "unha das prioridades" do Goberno galego "para garantir a permanente actualización das competencias docentes e asegurar a máxima calidade do sistema educativo." A responsable da Xunta agradeceu a colaboración de Fundación Naturgy para impulsar a formación do profesorado no ámbito enerxético, "o que redundará nunha maior calidade dos ensinos que se imparten nos distintos ciclos vinculados a este ámbito".
Pola súa banda, directora de Educación e divulgación de Fundación Naturgy, Eva Buch, resaltou que a colaboración coa administración educativa galega "posibilita que o alumnado da FP en Galicia teña ao seu alcance os coñecementos máis actualizados en materia de enerxía e sustentabilidade". Todo para, nas súas propias palabras, desenvolver "competencias básicas" en ámbitos como a economía verde e a sustentabilidade para dotar aos novos profesionais "dos coñecementos necesarios para abordar a transición enerxética e contribuír á mellora da súa empregabilidade".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.