Nais e pais denuncian ante a Xunta "problemas" nas matrículas en colexios do rural

Jaime Acuña, secretario da Federación comarcal de Anpas de centros públicos, liderou a protesta en Ferrol, instando á Consellería de Educación a tomar medidas concretas para resolver os problemas.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 12/06/2024 | Actualizada ás 20:32

Comparte esta noticia

Un centenar de pais e nais, acompañados nalgúns casos polos seus fillos, concentráronse na tarde deste mércores ante o o edificio administrativo da Xunta en Ferrol para demandar á Consellería de Educación soluciones con respecto "aos problemas coas matrículas que se están en varios centros, case todos da zona rural, para o curso que vén en Educación Infantil". Así o explicou en declaracións aos medios o secretario da Federación comarcal de Anpas de centros públicos, Jaime Acuña, que foi un dos encargados de entregar as firmas recollidas polos afectados por estes problemas coa matriculación dos seus fillos en centros escolares de Ferrolterra.

Denuncian que existen centros con todo infantil agrupado "que teñen máis solicitudes" de praza das que poden admitir, polo que hai nenas e nenos "que quedan descolgados" e ata finais de xuño "non van saber se quedan no centro ou non". Por outra banda, Acuña detallou que "hai outro problema" como o que ocorre no CEIP Mosteiro de Caaveiro, na Capela, que é "o único centro da localidade", polo que os alumnos "van ter que entrar si ou si".

A pesar disto, afirman que a Consellería de Educación non aclara "se vai haber desdobre, van contratar máis profesores e vano a dotar de máis recursos". Por último, este representante de pais e nais sinalou que hai outros centros "da zona rural que teñen máis solicitudes que as que poden admitir, e en lugar de abrir aulas, o que fan é baremar, e iso lévanos a dicir que estes centros nunca poden crecer", sentenciou.

Concentración este mércores ás portas da Xunta en Ferrol organizada por Anpas da comarca
Concentración este mércores ás portas da Xunta en Ferrol organizada por Anpas da comarca | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta