Ence usa ao banco marisqueiro dos Praceres para presumir da "calidade ambiental" da súa fábrica en Lourizán

Faino tras recibir a 'Bandeira negra' de 2024 de Ecoloxistas en Acción.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/06/2024 | Actualizada ás 21:30

Comparte esta noticia

Ence defendeu que a presenza do "maior" banco marisqueiro da ría de Pontevedra, en alusión ao de Os Praceres, fronte á súa factoría en Lourizán "evidencia a calidade ambiental" da súa factoría. Así respondeu a compañía pasteira á concesión a Ence por parte de Ecoloxistas en Acción dunha das súas seis 'Bandeiras Negras', cos que recoñecen os puntos conflitivos de contaminación e mala xestión ambiental no litoral.

A organización ecoloxista concede esta 'Bandeira negra' de 2024 á Xunta por mala xestión, por "promover industria contaminante, Altri e Ence, que afecta as rías de Arousa e Pontevedra.

Nunha resposta facilitada aos medios, a pasteira defende as medidas "encamiñadas á descarbonización total" da súa factoría na ría de Pontevedra incluídas nun proxecto que "non supón, en ningún caso, unha ampliación da mesma nin un aumento da súa produción".

Ademais, esgrime que "a presenza do principal banco de marisqueo" da ría de Pontevedra fronte á fábrica "evidencia a calidade ambiental" da instalación e, por tanto, "non afecta" á actividade de banco de Os Praceres.

Fábrica de Ence en Pontevedra / CHOU PESQUEIRA / Europa Press
Fábrica de Ence en Pontevedra / CHOU PESQUEIRA / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta