Por E.P. | Santiago de Compostela | 16/06/2024 | Actualizada ás 20:48
Un octoxenario que permanecía desaparecido desde a mañá deste domingo no municipio ourensán de Cartelle foi localizado nunha rúa da localidade cun golpe na cabeza. Segundo informou o 112 Galicia, foi a familia do home a que alertou á central de emerxencias da desaparición, xa que non sabían nada del desde as 11:00 horas, cando saíra a dar un paseo.
Fontes consultadas por Europa Press confirmaron que a procura se iniciou despois de que o home non regresase a comer. As primeiras hipóteses apuntan a que puido sufrir unha caída. Preto das 15:00 horas, foi localizado no cruzamento dos Castros, inconsciente e cun golpe na cabeza. Así, ata o lugar desprazáronse os profesionais do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 a bordo do helicóptero medicalizado con base en Ourense.
Tras recibir os primeiros coidados, o octoxenario foi evacuado en ambulancia, xa consciente. No operativo, ademais dos servizos sanitarios, colaboraron tamén axentes da Garda Civil e voluntarios de Protección Civil da localidade.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.