Por Europa Press / Redacción | VIGO | 17/06/2024 | Actualizada ás 17:55
O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, confirmou este luns que o PAC de A Guarda incorporará dous novos equipos (dous facultativos e dúas enfermeiras) máis este verán, e así llo trasladou nunha reunión ao alcalde desta localidade, Roberto Álvarez Carrero.
Segundo sinalou o responsable autonómico, o primeiro dos médicos incorporarase o 25 de xuño. Ademais, no encontro tamén se abordou o impulso do Centro Integral de Saúde deste municipio.
Así, conselleiro e alcalde trataron o estado dos trámites municipais para a cesión ao Sergas dos terreos elixidos na zona das Coutadas para a construción do futuro Centro Integral de Saúde. Esta actuación suporá duplicar a superficie con respecto ao actual centro de saúde, e permitirá integrar os servizos de fisioterapia e de saúde bucodental, ademais da base do 061.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.