A Xunta reclama medidas xustas para a frota pesqueira galega

Pide que os custos da mellora dos caladoiros non recaian só nos pescadores, destacando que os novos combustibles non permiten aforros de consumo debido aos altos prezos que condicionan a actividade pesqueira.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 17/06/2024 | Actualizada ás 20:07

Comparte esta noticia

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, participou este luns no Consello Consultivo de Política Agraria e Política Pesqueira para Asuntos Comunitarios, no que se tratou a comunicación da Comisión Europea relativa á pesca sustentable na UE, e na que cuestionou que se faga recaer a mellora dos caladoiros en axustes constantes da actividade da frota pesqueira.

Así, Villares cuestionou que o Executivo comunitario expoña a mellora da situación das pesqueiras como resultado das súas políticas cando, en realidade, "esta débese aos constantes axustes á actividade pesqueira". No encontro, o conselleiro defendeu a necesidade de abordar unha reforma da Política Pesqueira Común fronte á "insuficiente" avaliación proposta pola UE. Así mesmo, criticou a análise "triunfalista" realizado no documento relativo á transición enerxética, dando a entender que os novos combustibles permiten aforros de consumo, cando "por agora non é así", xa que os prezos seguen sendo elevados e condicionan de forma importante a actividade da frota.

Ademais, Villares apuntou que, aínda que hai indicios de sustentabilidade ambiental e económica pola caída do custo do gasóleo, eses indicios "non teñen traslado efectivo en termos sociais". Respecto diso, sinalou que o documento presentado "non recolle ningunha referencia ao número de persoas empregadas", e trasladou a preocupación da Xunta pola vontade da Comisión de profundar no paquete de medidas sobre pesca e océanos, ata agora voluntarias, deixando a porta aberta a que poidan ser obrigatorias.

Alfonso Villares destacou que os caladoiros onde opera a frota galega son os que presentan maior melloría, a diferenza doutros como o Mediterráneo ou o Báltico, lembrando que hai factores externos que inflúen na situación das pesqueiras e pediu que se analicen para que non sexa a frota a que asuma en solitario o custo das medidas de mellora.

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, participa de forma telemática na reunión do Consello Consultivo de Politica Agraria  e Política Pesqueira para Asuntos Comunitarios.. XUNTA DE GALICIA
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, participa de forma telemática na reunión do Consello Consultivo de Politica Agraria e Política Pesqueira para Asuntos Comunitarios.. XUNTA DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta