O prezo do turismo de segunda man cae un 0,5 % en Galicia no mes de maio

No segmento concreto de coches de máis de 8 anos, maio foi un mes de crecemento (+1,9 %).

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 18/06/2024 | Actualizada ás 11:15

Comparte esta noticia

O prezo dos turismos de segunda man caeu un 0,5 % no mes de maio en Galicia, en comparación con maio do ano pasado, cun prezo medio de 11.678 euros, segundo os datos feitos públicos pola Asociación Nacional de Comerciantes de Vehículos (Ancove). Se se compara co mes de abril, o prezo creceu un 1,2 % na comunidade galega.

Polos coches de máis de 8 anos pagouse en Galicia 9.150 euros de media en maio, o que supón unha subida do 1,9 %, e os turismos desta antigüidade supoñen o 72,4 % do mercado de segunda man. En total, no mes de maio vendéronse en Galicia 9.199 vehículos, dos que 6.663 tiñan máis de 8 anos. Por provincias, a que rexistrou máis operacións foi A Coruña (3.618 unidades), seguida de Pontevedra (3.281 vehículos), Lugo (1.263 vehículos) e Ourense (1.037 unidades).

Os prezos de venda descendeu nas provincias da Coruña e Ourense, mentres que Pontevedra e Lugo rexistraron incrementos, do 1,5 e do 3,7 % respectivamente. No mercado xeral, os prezos rexistraron un descenso do 0,5 %, aínda que, no segmento concreto de coches de máis de 8 anos, maio foi un mes de crecemento (+1,9 %).

O prezo medio de turismos de segunda man en C-LM situouse en 12.455 euros en maio, cando se venderon 8.941. COCHES.NET - Arquivo
O prezo medio de turismos de segunda man en C-LM situouse en 12.455 euros en maio, cando se venderon 8.941. COCHES.NET - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta