A Xunta e usuarios de Renfe urxen ao Goberno mellorar puntualidade e frecuencias do tren en Galicia

Reclaman un encontro no que abordar as "carencias" existentes.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/06/2024 | Actualizada ás 14:24

Comparte esta noticia

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, reuniuse coa portavoz da Plataforma de usuarios de media distancia de Renfe, Iria Méndez, nun encontro no que coincidiron en demandar melloras en puntualidade e frecuencias no servizo ferroviario en Galicia.

En comunicado, a Xunta explica que o conselleiro informou a Iria Méndez de que remitiu varias cartas ao ministro de Transportes, Óscar Puente, para reclamar un encontro no que abordar as "carencias" existentes.

Respecto diso, o Goberno galego subliña que leva tempo coa reclamación ao Ministerio nestas cuestións e outras como mellores conexións interiores de Galicia e coa alta velocidade en Madrid, ademais da adecuación das liñas ao corredor atlántico e obras pendentes.

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, reúnese on a portavoz da Plataforma de usuarios de media distancia de Renfe, Iria Méndez. XUNTA
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, reúnese on a portavoz da Plataforma de usuarios de media distancia de Renfe, Iria Méndez. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta