Os votos en contra do PP tomban unha iniciativa parlamentaria para frear Altri e mellorar a calidade de auga do Ulla
Esta iniciativa, presentada polo BNG, non saíu adiante ao contar cos votos en contra dos 'populares'. Nela tamén se recollía a necesidade de priorizar a defensa da calidade da auga e da actividade do sector do mar "diante de calquera outra que poida prexudicala".