Importantes retencións de tráfico en Ferrol por unha protesta dos operarios de Navantia

Os traballadores de Navantia Ferrol manteñen o calendario de mobilizacións para presionar á dirección durante as negociacións do convenio colectivo.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 19/06/2024 | Actualizada ás 10:14

Comparte esta noticia

O comité de empresa de Navantia Ferrol paralizou na mañá deste mércores, ata as 8,00 horas, o acceso dos operarios ao estaleiro, dentro do calendario de mobilizacións que están a realizar para presionar á dirección, coincidindo coas negociacións que están a manter polo convenio colectivo.

Ademais, unha vez levantado polo comité este corte, os vixiantes da empresa de seguridade, Prosegur, proseguiron coa súa folga de celo, retardando a entrada a estas instalacións industriais, xa que actualmente están a negociar o dispor das mesmas condicións que teñen as empresas auxiliares de Navantia. Esta situación provocou importantes retencións de tráfico en varios puntos da cidade, non só no barrio de Esteiro, ao coincidir estas protestas cunha mañá de choivas en Ferrol.

Protesta de traballadores de Navantia
Protesta de traballadores de Navantia | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta