Galicia volve rexistrar unha primavera "normal", tras anos de primaveras secas

A metade desta estación estivo chovendo.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 19/06/2024 | Actualizada ás 22:25

Comparte esta noticia

Galicia volveu rexistrar unha primavera "normal", tras anos nos que esta estación era máis seca do normal. Así o indican, cando menos, os datos aportados polo Observatorio Astronómico Ramón María Aller, da USC.

Flores xunto ao paseo do Douro o día que comeza a primavera, a 20 de marzo de 2023
Flores xunto ao paseo do Douro o día que comeza a primavera, a 20 de marzo de 2023 | Fonte: Europa Press - Arquivo

A primavera que remata, con frío e con chuvia, trouxo 46  días de precipitación (o 50%). "Isto pode considerarse xa normal", din desde este observatorio. En total medíronse na estación meteorolóxica deste centro, en Santiago de Compostela, 480 litros/m2. Así, a final de marzo foron 102,4; abril, 169,6; maio, 184,3, e vinte primeiros días de xuño, 46,2. Destaca a cantidade de chuvia recollida o 3 de maio:  68,7 litros/m2, e o 26 de abril,  44,2 l/m2.

A temperatura máxima da primavera acadouse o 12 de abril con 29º6, seguida dos 28º8 do 10 de maio, e os 28º7 do 13 de abril. Pola contra a temperatura mínima rexistrouse o 29 de abril con 2º7.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta