Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 20/06/2024 | Actualizada ás 13:33
A Audiencia de Pontevedra acolleu este xoves o xuízo contra unha muller que aceptou dous anos de cárcere por transferirse 30.000 euros desde a conta que administra unha familiar, que é titora legal dun irmán cunha incapacidade parcial. As partes chegaron a un acordo de conformidade polo que a muller deberá pagar unha multa de 360 euros e unha indemnización de 27.500 euros.
Ademais, a pena de prisión suspéndese durante dous anos, coa condición de que durante ese período non delinca e de que abone a responsabilidade civil. Fiscalía solicitaba para o procesada tres anos de cárcere. Os feitos ocorreron en decembro de 2022 cando a acusada transferiu un total de 30.000 euros, que pertencían á persoa incapacitada, a unha conta que controlaba ela aproveitando que contaba coas claves. Esta muller realizou estes feitos "guiada polo ánimo de obter un ilícito enriquecemento" e "con coñecemento de que estaba a desposuír" ao home "da práctica totalidade dos seus aforros". De feito, só recuperou uns 2.500 euros.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.