Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/06/2024 | Actualizada ás 19:30
Cinco persoas resultaron feridas nunha colisión entre dous vehículos rexistrada no municipio coruñés de Ribeira no mediodía deste xoves.
Segundo informou o CIAE 112 Galicia, o sinistro produciuse ao redor das 14,30 horas no quilómetro 7 da estrada AC-550.
Ata o lugar mobilizáronse efectivos de Urxencias Sanitarias 061 e os bombeiros de Ribeira, aínda que non foi necesaria a intervención destes últimos porque todos os ocupantes dos coches implicados estaban accesibles.
En total, cinco persoas necesitaron atención sanitaria, todas de carácter level, aínda que unha delas foi trasladado en ambulancia a un hospital.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.