Por Galicia Confidencial | Compostela | 15/11/2015 | Actualizada ás 10:30
Chalecos antibalas, pistolas Taser e esprays de defensa persoal. Son os “elementos básicos de protección” que pide o Sindicato Unificado de Policía de Galicia logo dos atentados terroristas de París.
E que este sindicato denuncia que "só un 22%" dos policía galegos conta con chaleco antibalas" (850 dun total de 3.850). Chama a atención sobre a Unidade de Intervención Policial (UIP), que desenvolve o seu traballo diario con catro chalecos compartidos por 15 axentes que forman o equipo.
O mesmo acontece cos sparys de defensa persoal. “Só entregaron un e a un 5% dos policías nacionais da Comunidade”, din. A modo de exemplo, indica que en toda a provincia da Coruña unicamente hai 53 para 1.600 funcionarios.
Ademais, demandan portar pistolas Taser para repeler calquera tipo de agresión xa que a a arma regulamentaria só pode ser usada cando haxa ameaza grave para a vida do axente.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.