A Xunta impulsa unha nova normativa ambiental para axilizar proxectos industriais en Galicia

A conselleira de Medio Ambiente di que é para dar "máis certeza e claridade" aos numerosos proxectos industriais pendentes.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 24/06/2024 | Actualizada ás 14:13

Comparte esta noticia

A Xunta tramita mensualmente ata 30 autorizacións ambientais de empresas que queren iniciar actividades industriais en Galicia. Un volume tan alto que fai necesario, a ollos do Goberno de Alfonso Rueda, cambiar unha normativa "obsoleta" que atrasa a tramitación de moitos destes proxectos. Iso e evitar, tamén, que, tal e como está acontecendo con moitos dos proxectos eólicos acaben sendo anulados por sucesivas sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

Mapa de explotacións mineiras denunciadas
Mapa de explotacións mineiras denunciadas | Fonte: Observatorio Mineiro

De feito, o propio Rueda deu a entender que o que busca con esta nova norma é evitar o que está sucedendo coas sentenzas do TSXG e a paralización do negocio eólico. "Nós xa avisamos das consecuencias que isto ten e tamén aos sectores industriais. Por iso respondemos con recursos e tamén, por que non, dictando normas", dixo.

O presidente galego defendeu estes cambios para adaptalos ás "novas normativas de transición verde e darlle seguridade xurídica a todos os proxectos". "O deber da administración é garantir o equilibrio e o desenvolvemento económico", dixo na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta. A última normativa a nivel integral ambiental é de hai 25 anos e, desde entón, se dictaron numerosos decretos e reformas de leis. "Hai que dar un paso á fronte porque a convivencia de normativas xeran incerteza aos que xa contaban con acordo ambiental", engadiu.

"MÁIS CERTEZA E CLARIDADE"

Tamén a conselleira do Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, defendeu esta reforma para adaptar á normativa galega á transición enerxética e que haxa máis seguridade xurídica para os promotores. Pero o obxectivo final é, como sinalou, darlle "máis certeza e claridade" ás industrias, unificar criterios e requisitos para obter certificados ambientais e simplificar os trámites para validar esas licencias. "Imos garantir o máis impotante que é que calquera proxecto cumple estándares de protección ambiental da UE", dixo.

A nave principal de Tyrma está construída sobre unha balsa mineira en Touro.
A nave principal de Tyrma está construída sobre unha balsa mineira en Touro.

Por iso, a partir de agora, calquera empresa que queira asentar un proxecto, saberá desde o primeiro momento o procedemento que lle corresponde, e tamén desde o primeiro momento terá información clara para que o proxecto sexa autorizado. "O que queremos é que Galicia sexa unha terra na que investir", afirmou Vázquez.

ACELERAR PROXECTOS ACTUAIS

Sobre se este cambio vai implicar acelerar os trámites de proxectos actuais, xa que a lei non estará lista ata finais de ano, a conselleira dixo que as normas non poden ser retroactivas, pero o obxectivo é evitar un atraso nas numerosas peticións cursadas. "Queremos que as empresas saiban ao que se teñen que ater, non multiplicar prazos", engadiu ao tempo que si anunciou que se acortarán os prazos, "non sei canto, pode ser un mes ou tres", dixo.

Tamén asegurou que haberá unha "coordinación total" con outras consellerías, como a de Cultura da que dependen as evaluacións patrimoniais, para impulsar as autorizacións. Unha coordinación, dixo, que dependerá do seu departamento, é dicir, Medio Ambiente. 

Actividades mineiras nunha mina de cobre
Actividades mineiras nunha mina de cobre | Fonte: Ecoloxistas en Acción
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta