A reserva dos encoros galegos mantense por enriba do 80%

Segundo os datos publicados polo Ministerio para a Transición Ecolóxica este martes.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/06/2024 | Actualizada ás 14:06

Comparte esta noticia

Os encoros galegos contan cunha reserva hídrica de 3.133 hectómetros cúbicos, o 84,4% da capacidade total, segundo os datos publicados polo Ministerio para a Transición Ecolóxica este martes.

Deste xeito, a taxa mantense case sen variación respecto de hai unha semana, cando era do 84,6%. No entanto, hai diferenzas entre o 86,4% (sobe unha décima) que se alcanza nos encoros da conca Miño-Sil, os máis caudalosos, e a de Galicia Costa, que queda no 75,3% (dous puntos menos que fai sete días).

Así, a reserva hídrica de Miño-Sil é 2.618 hectómetros cúbicos, por encima da cifra a estas alturas hai un ano e tamén máis que a media da última década. Pola súa banda, os 515 hectómetros cúbicos de Galicia Costa supoñen menos que o dato de hai un ano, aínda que superan a media do últimos dez anos.

O encoro de Velle liberando auga do río Miño, a 4 de novembro de 2023, en Ourense / Rosa Veiga - Arquivo / Europa Press
O encoro de Velle liberando auga do río Miño, a 4 de novembro de 2023, en Ourense / Rosa Veiga - Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta