Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/06/2024 | Actualizada ás 18:11
Unha muller de 84 anos foi atopada morta na súa vivenda do municipio pontevedrés de Vilaboa, no lugar de Acuña, este martes.
Fontes da Garda Civil informan a Europa Press que se abriu unha investigación para aclarar o sucedido, despois de que o corpo da muller fose atopado sobre as 13,00 horas. O médico que acudiu ao lugar non certificou que a morte fose natural.
Pola súa banda, fontes próximas á investigación consultadas por Europa Press explican que a muller presentaba marcas de negróns no corpo, pero polo momento todas as hipóteses están abertas e descoñécese se se debe a un accidente ou á intervención doutra persoa.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.