A esquerda europea xúntase en Santiago para abordar a “ditadura do euro”

Representantes do Sinn Féin, do Bloco de Esquerda, do Die Linke alemán e de Unidade Popular de Grecia participarán nunha xornada impulsada por AGE en Europa e na que participará Xosé Manoel Beiras.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 17/11/2015 | Actualizada ás 10:35

Comparte esta noticia

“A Esquerda Europea. Garante dos dereitos das persoas fronte ás políticas de austeridade”. Ese é o título dunhas xornadas na que participarán representantes de organizacións políticas da esquerda de toda Europa e que abordarán a situación actual de “ditadura do euro”.

Alexis Tsipras xunto a Lidia Senra e Xosé Manuel Beiras nun acto en Santiago
Alexis Tsipras xunto a Lidia Senra e Xosé Manuel Beiras nun acto en Santiago

O evento posibilitará poder escoitar na capital galega as teorías de representantes do Sinn Féin irlandés, do Bloco de Esquerdas de Portugal, de Unidade Popular de Grecia ou do Die Linke alemán. Tamén intervirán persoas expertas na materia procedentes da Universidade de Barcelona e de Euskadi, así como o Portavoz Nacional de Anova-IN e Portavoz de AGE no Parlamento Galego, Xosé Manuel Beiras.

O seu obxectivo é “poñer en debate e análise as políticas económicas que o neoliberalismo está a aplicar coa escusa da crise, debullar o que realmente se agocha detrás das medidas de austeridade e poñer enriba da mesa os eixos que garanten a defensa dos dereitos das persoas por diante dos intereses do Capital”. 

As xornadas están organizadas polo Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL). Contarán con Lídia Senra, eurodeputada por Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), como anfitrioa do evento. Terán lugar o vindeiro sábado no Salón de Actos da Facultade de Filosofía da USC. Habilitarase tamén na propia Facultade de Filosofía unha área con servizo de gardería, para facilitar que as persoas con nenas e nenos ao seu cargo poidan vir ás xornadas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

5 José

Un pouco máis de rigor, Lidia Senra non é eurodeputada de AGE

1 Chindasvinto

Efectivamente, foi de 5ª na lista de IU

2 Gustavo

Claro, en cambio Ana Miranda sí o é do Bloque, de prestado, e sen presentarse polo bloque tampouco.

4 chan chan gorri basco

chiripas e de esquerda? anda xa coa suxa socialdemocracia trapalleira... eles son a antesala do fascismo... e o negociado por diante do capitalismo, entregaron atado de pes e maos o pobo grego, non poden salvar nin o pobo grego nin o "pobo expañol" pero foder o pobo catalán como que si o están intentado... lamentables trampulleiros, -vieiristas, podremios, asistas, izquierdo unitarios, mercachiles, asi e como non os mal chamados "ecosocios" triste espantallo, tristes camándulas do medio ambiente...

3 Ana Patricia no es Casta

A favor ou en contra da OTAN? A favor de reformar a monarquía española e a súa constitución ou a favor da ruptura e da República galega? A favor de primarias abertas ou a favor de fichaxes futboleros? A favor dos asteleiros de Cadiz ou a favor dos asteleiros de Ferrol? A favor da renda básica universal ou agora estamos en contra? A favor de Iglesias? A favor de GArzón? Ou a favor do pobo galego soberano? A favor de seguir na UE ou contra a Europa dos monopolios? A favor do ensino concertado ou en contra?

1 nostrus

A favor da monarquia española porque cumpre mellor o seu cometido que unha republica, inda non ter nada contra a republica. O da republica galega é de traca. Contra os fichaxes futboleiros e a favor dos asteleiros de Cadiz e O Ferrol. En contra da renda basica universal por ser imposible e contraproducente por moi ben que soe. Garzon e Iglesias súdanma. A favor do pobo galego con soberania compartida co resto de compatriotas españoles, A favor da UE e con un bon ensino. Esa é a miña opinión, que tamen conta.

2 nostrus

Toda unha tropa que non vale para nada agás para lerear. Inda recordo a Lidia Senrra ca sua idea de que tiñamos que ter soberania alimentaria e no que teriamos que producir de todo sin importar nin exportar nada. Algo que choca contra a intelixencia porque o progreso basease en que cada un produza o que mellor poda producir e vender o que sobra e comprar o que fai falla. Deste xeito habera de comer para todos porque podese modernizar o sistema productivo mentras que si nos adicamos a todo será imposible. Ideas peregrinas que estan ahi porque en democracia cabemos todos, nada mais.

1 nostrus

Toda unha tropa que non vale para nada agás para lerear. Inda recordo a Lidia Senrra ca sua idea de que tiñamos que ter soberania alimentaria e no que teriamos que producir de todo sin importar nin exportar nada. Algo que choca contra a intelixencia porque o progreso basease en que cada un produza o que mellor poda producir e vender o que sobra e comprar o que fai falla. Deste xeito habera de comer para todos porque podese modernizar o sistema productivo mentras que si nos adicamos a todo será imposible. Ideas peregrinas que estan ahi porque en democracia cabemos todos, nada mais.