A Xunta proponse que ata 2026 retornen 30.000 emigrantes e descendentes á comunidade

Despois de que xa retornasen á comunidade 28.000 membros da diáspora nos últimos anos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/06/2024 | Actualizada ás 15:56

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, proclamou que o obxectivo do seu Goberno é atraer a Galicia a 30.000 emigrantes máis e os seus descendentes ata o ano 2026, despois de que xa retornasen á comunidade 28.000 membros da diáspora nos últimos anos. Así o subliñou Ruieda durante a reunión da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas celebrada este xoves en Santiago, na cal aludiu á Estratexia Retorna, que ten como obxectivo facilitar a volta da diáspora.

Durante a reunión da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas transmitíronlle a Alfonso Rueda as dificultades que enfrontan os emigrantes que deciden volver a Galicia. Problemas como a procura de vivenda, a homologación de títulos ou o feito de que moitas das familias non teñan a nacionalidade española. Durante o acto, o presidente quixo resaltar o "compromiso" do seu goberno coa diáspora galega e sinalou que estes problemas son "moi concretos" pero "reais".

NON PERDER O VÍNCULO

O Consello de Comunidades tamén pediu ao presidente galego que "intensifique" o labor cultural e a presenza institucional para que non haxa unha "fenda" entre xeracións. "Se non intensificamos esa presenza probablemente se perda o vínculo con Galicia" e desde logo "non imos facelo", respondeu Alfonso Rueda.

Este organismo, que ofrece axuda á diáspora galega, "mantén" a comunicación coa Galicia exterior e recolle as necesidades destas comunidades. O presidente Alfonso Rueda sinalou que os galegos "están por todo o mundo" e que a situación "non é igual" en todos os países. Algúns teñen situacións económicas, laborais e políticas "moi complicadas", polo que subliñou a "necesidade" de intensificar o "apoio" da Xunta.

Alfonso Rueda na reunión da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas. DAVID CABEZON @ XUNTA
Alfonso Rueda na reunión da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas. DAVID CABEZON @ XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta