A cuarta proba da liga Pro-Teams de drones celebrarase en Ferrol este fin de semana

A cita, que forma parte do calendario da Real Federación Aeronáutica Española, terá lugar na praza de Armas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/07/2024 | Actualizada ás 17:27

Comparte esta noticia

A cuarta proba da liga Pro-Teams de drones celebrarase o venres 5 e o sábado 6 de xullo na praza de Armas de Ferrol. Así o anunciou o alcalde da cidade, José Manuel Rey Varela, que definiu esta cita como un "espectáculo único" que forma parte do calendario oficial da Real Federación Aeronáutica Española.

O evento comezará o venres con diferentes actividades para o público, como o voo infantil ás 10.30 horas, as probas abertas das 16.30, os adestramentos oficiais ás 20.30 e a presentación dos equipos ás 22.00 horas. A competición será o sábado e a organización proporcionará gratuitamente ás público lentes FPV (First Person View). Tamén haberá música e retransmisión en directo cos protagonistas.

O programa do sábado comeza ás 10.00 e ás 15.00 horas será a clasificación. As semifinais están previstas para as 20.40 e a final ás 23.15.

O alcalde da cidade explicou que a proba se desenvolverá nun espazo acoutado por unha rede de seguridade e é aberto ao público. Ademais, avanzou que se contará coa presenza do campión e subcampión do mundo.

Un dron
Un dron | Fonte: AESA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta