Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/07/2024 | Actualizada ás 15:34
Os encoros galegos contan cunha reserva hídrica de 3.075 hectómetros cúbicos, un 82,8% do total, o que supón un lixeiro descenso de 58 hectómetros cúbicos respecto de hai unha semana (cando estaba no 84,4%), segundo os datos publicados polo Ministerio para a Transición Ecolóxica este martes.
A reserva hídrica da conca do Miño-Sil, a máis caudalosa, baixa ao 84,9% (era do 86,4% unha semana antes), cun total de 2.572 hectómetros cúbicos. Esta cifra está por encima tanto do dato a estas alturas do ano pasado como da media da última década.
Pola súa banda, os encoros de Galicia Costa redúcense a 503 hectómetros cúbico, cun 73,5% da súa capacidade, son case dous puntos menos que fai sete días.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.