Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/07/2024 | Actualizada ás 13:10
Os municipios galegos poderán acollerse a axudas, dunha partida total de 5,7 millóns de euros, para habilitar e acondicionar entre 80 e 100 vivendas destinadas ás persoas sen fogar, segundo a orde publicada este mércores no Diario Oficial de Galicia (DOG).
O financiamento das subvencións da Xunta provén dos fondos europeos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. As axudas sufragarán tanto as obras de rehabilitación como o equipamento de vivendas.
O importe máximo por proxecto será de 72.000 euros. Desa contía, 47.000 euros asignaranse aos traballos de reforma e acondicionamento, e 25.000 euros ao equipamento destes. Financiaranse actuacións realizadas entre o 1 de xaneiro deste ano e o 31 de outubro de 2025.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.