Traballadores de Navantia mobilízanse en Ferrol mentres se negocia o convenio

Os delegados de persoal trasladaron as súas demandas ao alcalde da cidade, José Manuel Rey Varela.

Por Europa Press / Redacción | FERROL | 03/07/2024 | Actualizada ás 17:01

Comparte esta noticia

O persoal de Navantia Ferrol manifestouse polas rúas da cidade entre as 7.30 e as 11.30 horas deste mércores para esixir unha "solución" ao convenio colectivo que se negocia en Madrid coa dirección do grupo. Os traballadores e traballadoras do estaleiro percorreron durante catro horas o centro da urbe, desde o acceso da factoría en Mac Mahón pola rúa Irmandiños ata a Praza Vella e subida por San Francisco para tomar daquela a rúa Real ata a Praza de Armas, onde se localiza o Concello de Ferrol.

Alí, un grupo de delegados mantivo un encontro co alcalde, José Manuel Rey Varela, para trasladarlle as súas demandas, que pasan pola mellora das condicións do convenio que se está negociando este mércores e xoves, e por un plan industrial "de futuro". Tras a reunión, o grupo retomou a marcha ata a Praza de España. Alí, no edificio administrativo da Xunta reuníronse tamén coa delegada territorial, Martina Aneiros. Despois, emprenderon o regreso ao estaleiro polas avenidas de Vigo e Esteiro. A mobilización coincide co inicio doutras dúas xornadas de negociación en Madrid.

Os traballadores da auxiliar Mainfer cortan durante dúas horas o acceso ao estaleiro de Navantia Ferrol
Os traballadores da auxiliar Mainfer cortan durante dúas horas o acceso ao estaleiro de Navantia Ferrol | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta