Galicia logra a cifra máis baixa de paro dende 1996

O conselleiro reúnese cos directores e orientadores destes centros na provincia da Coruña e resalta o seu "imprescindible labor"

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 03/07/2024 | Actualizada ás 19:42

Comparte esta noticia

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, destacou este mércores, nunha reunión cos directores e orientadores laborais das oficinas de emprego da provincia da Coruña, que a Xunta "potenciará" as oficinas e os orientadores para continuar no "avance" dun mercado laboral con "datos históricos". Nunha nota de prensa enviada pola Consellería, explicou que durante a reunión profundouse no "imprescindible labor" que desenvolven os orientadores laborais para que as persoas que demandan emprego atopen unha ocupación "o máis acertada posible" ás súas capacidades.

Nesta liña, o conselleiro destacou que o Goberno galego impulsa e impulsará a estes orientadores con apoios como os que xa permitiron a contratación de 258 orientadores en concellos e en entidades sen ánimo de lucro cun investimento que "supera o sete millóns de euros". Segundo as cifras publicadas polo Ministerio de Traballo esta semana, o número de desempregados en Galicia cae por quinto mes consecutivo e sitúa ao mercado laboral galego coas cifras máis baixas desde que hai rexistros (1996). É a primeira vez en 28 anos que o paro se sitúa por baixo de 118.000 persoas, en concreto, rexistráronse 117.938 persoas en situación de desemprego. Ademais, Galicia é a segunda comunidade na que "máis baixou o paro" e na que as afiliacións á Seguridade Social mostraron "os mellores datos" dun mes de xuño "desde 2005".

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, nun encontro cos directores e orientadores das oficinas de emprego da provincia da Coruña. MONCHO FONTES
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, nun encontro cos directores e orientadores das oficinas de emprego da provincia da Coruña. MONCHO FONTES | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta