Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/07/2024 | Actualizada ás 11:29
Renfe puxo este venres á venda os billetes para viaxar nos novos servizos Avlo de Galicia e Asturias a Madrid, que comezarán a prestar servizo desde o próximo día 22 de xullo, cunha campaña de prezos desde 7 euros, para viaxar ata o 30 de setembro. Uns prezos que coinciden coas continuas denuncias de atrasos nos trens de conexión de Galicia con Madrid e tamén nos de media distancia no Eixo Atlántico.
En Galicia, a nova oferta comercial supón a implantación dun servizo Avlo diario de ida e volta, que alternará as súas orixes/destinos entre Vigo-Madrid e A Coruña-Madrid, con paso por Santiago de Compostela e con paradas en todas as estacións da liña: Segovia, Medina del Campo, Zamora, Sanabria AV, A Gudiña, Ourense, Vilagarcía de Arousa e Pontevedra.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.