A Xunta dálle 35.000 euros a 106 colexios privados para fomentar o galego

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/07/2024 | Actualizada ás 14:12

Comparte esta noticia

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude concedeu axudas, que suman en total 35.000 euros, para subvencionar accións que fomenten o uso do idioma galego en colexios de titularidade privada durante o curso 2023/24, recentemente concluído.

Segundo a resolución publicada este venres no Diario Oficial de Galicia (DOG), as contías percibidas polos centros oscilan entre os 168 e os 828 euros. Por provincias, na da Coruña resultaron beneficiarios desta convocatoria 42 colexios por un total de 14.272 euros. Séguenlle Pontevedra, con 39 que suman 11.279 euros; Ourense, con 13 centros e 5.046 euros; e Lugo, con 12 beneficiarios por 4.403 euros.

Colexio privado feminino
Colexio privado feminino | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta