O BNG contra o Foro La Toja: "Debe respectar o Nomenclátor Oficial de Galicia"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/10/2024 | Actualizada ás 14:20

Comparte esta noticia

O BNG volveu a denunciar o uso deturpado do topónimo 'La Toja' no Foro que se celebra desde este xoves e no que participan dous ministros, polo que pide ao Goberno "respectar a legalidade".

Para o deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, está a serse "cómplice" dun "incumprimento da normativa lingüística e do Nomenclátor Oficial de Galicia". Neste sentido, Rego lembrou que o Foro recibe diñeiro público, polo que "debe cumprir coa lexislación vixente".

Ademais, reprochou que por parte do Goberno central participen o ministro de Economía e o de Presidencia e Xustiza, ademais do recentemente nomeado Gobernador do Banco de España, así como o presidente da Xunta e exministros e expresidentes do Executivo central, tanto do PP como do PSOE.

"A denominación do Foro segue empregando a toponimia non oficial de Galicia a pesar das numerosas protestas sociais que se realizaron e tamén das iniciativas parlamentarias que o BNG dirixiu ao Goberno", criticou o deputado do Bloque.

O deputado do BNG, Néstor Rego, durante unha sesión plenaria no Congreso dos Deputados, a 26 de setembro de 2024, en Madrid.. A. Pérez Meca - Europa Press
O deputado do BNG, Néstor Rego, durante unha sesión plenaria no Congreso dos Deputados, a 26 de setembro de 2024, en Madrid.. A. Pérez Meca - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta