Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/07/2024 | Actualizada ás 17:57
A Xunta asegurou que o protocolo de actuación ante ausencias de xefe de brigada anti incendios foi remitida o pasado verán "a todos" os centros de coordinacción provinciais e distritos forestais. Así o afirmou o director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, en resposta a unha pregunta formulada pola deputada do BNG Montserrat Valcárcel durante a Comisión 7ª do Parlamento galego, celebrada este venres.
Despois de que a parlamentaria nacionalista acusase a Medio Rural de "descoordinación" na xestión dos efectivos da loita contra o lume, Manuel Rodríguez defendeu que a forma de proceder en caso de ausencia dun xefe de brigada (que imposibilita a saída das brigadas a traballar) foi "explicitada" a través dunha circular enviada aos centros na pasada campaña estival. "Podemos interpretar que non estamos de acordo, pero non se pode dicir que non hai un protocolo", sentenciou o responsable de Medio Rural.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.