Dous terremotos en menos de 24 horas na provincia de Ourense

Tiveron lugar preto do concello de Bande e na zona do Carballiño, respectivamente.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 16/07/2024 | Actualizada ás 13:39

Comparte esta noticia

A provincia de Ourense rexistrou dous terremotos entre a tarde do luns e a madrugada deste martes, dous movementos sísmicos con menos de 24 horas de diferenza e que tiveron lugar preto do concello de Bande e na zona do Carballiño, respectivamente. Segundo informou o Instituto Xeográfico Nacional (IGN), na primeira quincena de xullo a provincia ourensá xa rexistrou tres sismos.

O primeiro movemento sísmico rexistrado en xullo tivo lugar o sábado 13 ás 7.53 horas da mañá en Vilariño de Conso, cunha magnitude de 1.7 graos e unha profundidade de 10 quilómetros. Nesta liña, o IGN rexistrou o segundo tremor do mes preto do concello de Bande na tarde do 15 de xullo, ás 19.27 horas, cunha magnitude de 2.5 e unha profundidade de 20 quilómetros.

Así mesmo, non pasaran nin 24 horas cando se rexistrou un segundo sismo na zona, concretamente no Carballiño. O Instituto Xeográfico Nacional apuntou un terremoto de magnitude 1.5 na madrugada deste martes, ás 2.26 horas a tan só un quilómetro de profundidade. Con todo, a provincia de Ourense rexistrou na primeira quincena de xullo e en menos dunha semana, tres terremotos que suxiren a elevada actividade sísmica da rexión.

Terremoto no Carballiño
Terremoto no Carballiño | Fonte: IGN

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta