Por admin | Vigo | 17/07/2024
Ángel Pérez Fernández, En nome da Plataforma Cívica de Vigo Pro Palestina
Ese escrito non chegou ao pleno debido á negativa dos dous partidos maioritarios no Concello. Porén, un deles, o PSOE, sumárase á manifestación que a Comisión Vigo pro-Palestina organizara o 24 de abril e convocara nas rúas viguesas cerca de cinco mil cidadáns baixo os lemas de “Vigo con Palestina”, “Contra a barbarie” e “Paremos o xenocidio”.
Esa manifestación tampouco tivo ningún eco na prensa local. As empresas periodísticas non apreciaron nada relevante de que informar, salvo un breve audio emitido por unha emisora local. Os grupos políticos con representación no Concello, igual que os medios de comunicación, teñen a potestade de aceptar ou rexeitar as propostas que lles chegan da cidadanía ou, no seu caso, de publicar ou non calquera información. Pero, tanto bloquear a proposta cidadá por parte dos grupos municipais, agás o BNG, quen, no entanto, desbotara a súa presenza na manifestación, asinada por 35 organizacións, como silenciar ao non publicar nada do sucedido na rúa o día anterior, son decisións denunciables en termos de violencia, pois pechan o espazo público de discusión e, daquela, expulsan do debate á cidadanía o cal simplemente significa exercer a forma máis insidiosa de violencia política, pois é violencia contra a política mesma.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.