Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/07/2024 | Actualizada ás 15:20
Os ocupantes dun vehículo implicado nunha colisión múltiple en Neda rexistrado na mañá deste mércores na AP-9, ao seu paso polo municipio coruñés de Neda, tiveron que ser excarcerados. Segundo informou o CIAE 112 Galicia, foi un dos implicados na colisión o que alertou do suceso sobre as 9,00 horas. Un vehículo sufrira un rebentón nunha das rodas e parara na beiravía da AP-9.
A continuación, outros dous turismos chocaron co seu de maneira consecutiva. O alertador indicou que ninguén resultou ferido, pero que tanto el como o seu acompañante eran incapaces de abrir as portas. Cando chegaron ao lugar, os Bombeiros de Ferrol axudaron a saír a dúas persoas, así como a desbloquear o portón traseiro para liberar a un can.
No operativo participaron, ademais dos bombeiros ferroláns, o GES de Mugardos, a Garda Civil de Tráfico, a Policía Local de Fene e os servizos de mantemento da autoestrada. Tamén se informou aos Bombeiros de Narón, que non chegaron a intervir.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.