Temas: CULTURGAL

Guía práctica para non perderse no Culturgal 2015

Queda menos dunha semana para o pistoletazo de saída. O Pazo da Cultura de Pontevedra apura os traballos para ter todo o listo para a gran cita anual da industria que tece a cultura galega. Este ano o Culturgal será 4, 5, 6 de decembro. Plano dos expositores e programa completo no interior.

Por GC Tendencias | Pontevedra | 27/11/2015 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

A organización acaba de publicar o plano dos expositores presentes e toda a información práctica.  O primeiro que cómpre lembrar a entrada á Feira ten un prezo de 2 euros para persoas adultas e 1 euro para menores de 12 anos. 

Accesos da Feira Culturgal 2015
Accesos da Feira Culturgal 2015 | Fonte: Culturgal

Sobre os bonos, para visitar a Feira en diferentes días, pódese adquirir unha pulseira de 3 euros. Para entrar cando se queira , os menores de 12 anos, por 2 euros. Os  menores de 3, de balde.

Sobre os horarios, lembrar que a Feira non pecha a mediodía: o horario é de 11:00 a 21:00 o venres  4 e o sábado 5 mentres que o  domingo 6 pecha unha hora antes, ás 20:00.

O Pazo da Cultura de  Pontevedra conta cunha ampla zona de aparcadoiro,  servizos de cafetería e  restauración e este ano incorpórase unha zona na que facilitar tamén a lactancia materna.

Cómpre lembra que este ano o público obterá descontos en máis de 30 bares e restaurantes de Pontevedra, que colaboran co Culturgal. Trátase dunha iniciativa nova este ano. 

Plano de situación dos expositores da Feira Culturgal 2015
Plano de situación dos expositores da Feira Culturgal 2015 | Fonte: Culturgal

Para os cativos, no recinto feiral hai dous  espazos permanentes dedicados  ao público máis pequeno. A primeira é «Xogando miudiño (xogos e  xoguetes tradicionais)», unha  zona dentro da Feira na que gozar  e xogar con trebellos e xogos de toda a vida. A segunda é a «Bebeteca:  O bosque dos sentidos», un espazo multisensorial para bebés  estruturado e deseñado para as  diferentes etapas dos primeiros meses de vida, que tamén dá a  benvida aos «maiores» de 2 a 4 anos. 

Ademais no Culturgal 2015  o público poderá gozar de tres exposicións dentro do Pazo da Cultura de Pontevedra: «Somos  espazo: simbioses entre arte e arquitectura», na Sala de Exposicións, mostra colectiva comisariada por Paula Cabaleiro e  Antón Sobral co apoio do Museo  de Pontevedra e Deputación de  Pontevedra; «Mulleres con cesta»,  unha mostra organizada por  Cestola na Cachola na entrada  ao recinto feiral e «Spirou: de Champignac a Pontevedra» no  vestíbulo do Pazo, situado no primeiro andar.

O programa completo do Culturgal 2015  aínda está suxeito a posíbeis cambios, pero unha versión actual pode consultarse neste enlace.

Un neno nunha pasada edición do Culturgal
Un neno nunha pasada edición do Culturgal
Temas: CULTURGAL
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta