Pontón carga contra o "compracente" balance de Rueda dos seus 100 días de goberno: "É o campión da propaganda"

Critica que se trata dunha Xunta "subordinada" á estratexia que lle ordena o PP de Madrid.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/07/2024 | Actualizada ás 18:10

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, cargou contra o "compracente e triunfalista" balance feito polo presidente da Xunta, Alfonso Rueda, dos seus 100 días de goberno. "É o campión da propaganda", recrimina. Nun comunicado este venres, Pontón recrimina que este acto "propagandístico" se resuma en "moito ruído e poucas noces" mentres Alfonso Rueda só se dedica a "desmantelar os servizos públicos". Critica que se trata dunha Xunta "subordinada" á estratexia que lle ordena o PP de Madrid e que goberna para os "grandes lobbies e empresas amigas do Partido Popular".

A líder do Bloque lamenta que Rueda organizase este acto "rutineiro" para conseguir titulares e un "publirreportaxe na TVG" a través de medidas con xeneralidades sen un impulso real de goberno.

"O mesmo goberno que non fixo nada en materia de vivenda pública ou de residencias públicas en 15 anos pretende agora trasladar a falacia de que vai resolver o problema en 100 días", denuncia Pontón. "Dicir que vas impulsar o que xa tería que estar executado é unha proba máis de que o goberno de Rueda non ten proxecto de país", apostila.

Néstor Rego e Ana Pontón / E.P. / Europa Press
Néstor Rego e Ana Pontón / E.P. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta