Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 06/09/2024 | Actualizada ás 17:52
A portavoz nacinal do BNG, Ana Pontón, expuxo limitar o número de vivendas turísticas e pór topes temporais, ao aludir, nun encontro na Coruña, sobre as propostas dos nacionalistas nesta materia.
Respecto diso, sostivo que a repercusión deste fenómeno sobre o acceso á vivenda agrava unha realidade marcada, dixo, por quince anos de "total abandono"da construción de vivenda protexida por parte do goberno do PP.
"Dinamitou a política social de vivenda", denunciou Pontón, para quen isto "propiciou e mesmo amparou a subida descontrolada de prezos". "No dez últimos anos os alugueres aumentaron en Galicia un 44% de media e en cidades como A Coruña ese aumento foi do 63%, non coñezo a ninguén que tivese estes incrementos de salario", sentenciou.
"É o momento de tomar medidas ambiciosas, eficaces e áxiles e no goberno alternativo do BNG temos claro que a dificultade para acceder á vivenda é un grave problema social, non se trata dun problema individual, senón que nos interpela e aféctanos como sociedade", afirmou.
En canto ás propostas do BNG, expuxo regular as vivendas de uso turístico e definir as zonas onde existe un problema de exceso deste tipo de casas, concretar cales son os concellos e barrios con maior concentración, ademais de aplicar un tope de vivienas turísticas nas zonas tensionadas. A esta batería de medidas, incorpora tamén a proposta de cambiar a norma que regula o rexistro autonómico para evitar a inclusión de "vivendas ilegais".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.