Por Xosé Antonio Pena | Compostela | 28/07/2024 | Actualizada ás 12:00
¿A que os máis de nós coñecemos persoas coas que vas andando ou paseando e a cada canto se paran a falar con outras, ou ben que chegan tarde a algún sitio porque en vez de ir ó dereito cara a el paran a falar con algunhas outras que atopan no camiño?
Tanto é así que a nosa lingua desenvolveu varias secuencias fraseolóxicas para dar conta delas, como imos reflectir a seguir:
EXPRESIÓNS FRASEOLÓXICAS QUE SE LLES APLICA ÁS PERSOAS QUE SE DETEÑEN A FALAR UN (BO) ANACO CON CASE TODOS AQUELES COÑECIDOS QUE VAN ATOPANDO NO SEU CAMIÑO:
Prender nunha silva
Prender en todas as silvas
[E MAIS TAMÉN]:
Prender coma unha silva # coma as silvas # coma as silvas secas
Engarrar coma unha silva
Engarrar nas silvas
Prender en calquera silva # en calquera silveira
Enganchar nunha silva
Ser coma unha silva
[E MESMO]:
Atoparse cunha silva
Ex.:
¡Que agonía vir á festa co Caveiras: prende nunha silva ‡ prende en todas as silvas ‡ engarra nas silvas ‡ engarra coma unha silva (con todo cristo) ‡ prende en calquera silva/silveira ‡ engancha nunha silva ‡ é coma unha silva!
NOTA:
As expresións galegas están tiradas das seguintes fontes:
- Recolleita propia da oralidade galega.
- Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).
- Cerviño Ferrín, María Victoria: “Fraseoloxía e paremioloxía de Sebil, 3”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 18, 2016, páxs. 199-210. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
- Goce Denis, Amparo: “Parucadas: un ‘dialecto’ vivo nacido en Baiona”. Blog no enderezo de Internet http://parucadas.blogspot.com/.
- Groba Bouza, Fernando: “Nas uñas, nas mans ou nos pés has saír a quen es”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 16, 2014, páxs. 357-437. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
- Martínez [agora, Martíns] Seixo, Ramón Anxo (dir.): Dicionario fraseolóxico galego. Edicións A Nosa Terra, Vigo, 2000.
- Martíns [agora, Martínez] Seixo, Ramón Anxo: “Hai cousas que parecen lousas. Unha nova achega á fraseoloxía do Cachafeiro”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 18, 2016, páxs. 211-247. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.