Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/07/2024 | Actualizada ás 14:06
Catro persoas resultaron feridas leves tras saírse da vía o vehículo no que viaxaban na estrada OU-P-000, ao seu paso polo municipio ourensán de Vilardevós, e caer sobre o tellado dunha vivenda.
Segundo informou a Garda Civil, o sinistro produciuse sobre as 10.30 horas deste xoves. Ao parecer o vehículo saíuse da vía e precipitouse por un terraplén duns 50 metros cara ao tellado dunha vivenda no lugar de Florderrei Vella.
Ata o lugar desprazáronse os Bombeiros de Verín, así como profesionais do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que evacuaron ao catro ocupantes, dous homes adultos e dous menores, con prognóstico leve ao Hospital Comarcal de Verín.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.