Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/07/2024 | Actualizada ás 14:17
O Concello de Pontevedra presentou este venres o ciclo 'Con Voz de Muller' que se desenvolverá entre o 31 de xuño e o 4 de agosto, na Praza da Ferrería, dentro da programación estival das Festas de Verán e que contará con Guadi Galego, The Vacas, Sheila Patricia, Malvela e as humoristas Leticia Sola, Carmen Méndez e Marta Doviro.
O concelleiro de Cultura, Demetrio Gómez, acompañado de Guadi Galego, deu conta en rolda de prensa dos detalles de "un dos ciclos do que máis orgullosos" están "dentro do programa de verán".
Guadi Galego será a encargada de abrir o ciclo o vindeiro mércores 31. Haberá uns pasarúa do grupo Troula a partir das 20.30 horas e despois será o concerto na Ferrería, que segundo avanzou, "será unha adaptación do concerto do Teatro Principal pero adaptado a exteriores". "Vimos con moita ilusión e moitas ganas", sinalou Guadi.
O xoves 1 de agosto, ás 22.30 horas, será o concerto de The Vacas, precedido duns pasarúas da Charanga Brassica Rapa desde as 20.30 horas. O venres 2 de agosto o grupo Celme protagonizará os pasarúas e, ás 22.30 horas, será a noite de humor "Sen restriccións" con Ledicia Soa, Carmen Méndez e Marta Doviro. O sábado 3 de agosto Somdolilá encárgase dos pasarúas, previo ao concerto (22.30 horas) de Sheila Patricia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.