Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/07/2024 | Actualizada ás 13:43
O portavoz de Educación do Grupo Socialista no Parlamento de Galicia, Julio Abalde, presentou unha serie de iniciativas co obxectivo de instar á Xunta a paliar a falta de recursos humanos no ensino público e para denunciar "o incumprimento" dos cocientes de alumnos por aula e a "tardanza" en asignarlles aos estudantes un centro educativo.
Trátase dun conxunto de medidas que responden, segundo manifestou o PSdeG nunha nota de prensa, ás principais problemáticas ás que se enfronta o funcionamento do sistema educativo.
"Neste momento no que os centros educativos e os equipos directivos están a preparar o próximo curso, atopámonos con dúas situacións que complican enormemente o seu inicio. Por unha banda, os pais están a recibir a confirmación de que os seus fillos obtiveron praza en centros para os que inicialmente non tiñan, e por outro, os centros atópanse cun número maior de alumnos do que tiñan previsto", manifestou Abalde.
En sintonía coa súa proposta, tamén lle reprochou á Xunta "negar calquera incumprimento de face ao próximo curso" e "infrinxir sistematicamente a súa obrigación de responder rapidamente a familias e profesores". Unha situación que considera "inadmisible" a estas alturas do verán e que, para o Grupo Socialista, ten "a súa raíz na continua redución de recursos, especialmente humanos, para a educación pública".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.