Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/07/2024 | Actualizada ás 11:07
O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, asegurou que ningún goberno apostou tanto polo diálogo e a gobernación coas comunidades como o Executivo de Pedro Sánchez e destacou que 20 das 26 conferencias de presidentes celebradas foron con el como presidente.
En declaracións difundidas aos medios, Pedro Blanco sostivo que "froito desa vontade de colaboración e consenso" coas comunidades son as 20 conferencias de presidentes celebradas polo socialista na Presidencia do Goberno. "Só seis das 26 conferencias celebradas ata a data tiveron lugar antes de que Pedro Sánchez fose presidente do Executivo", sostivo.
Deste xeito, sinala que o tamén secretario xeral do PSOE convocou en seis anos 20 reunións deste tipo, mentres que o Goberno de Rajoy en sete anos, de 2011 a 2018, só convocou dúas. Así as cousas, despois de que na xornada do luns o titular do Goberno galego, Alfonso Rueda, avanzase que Galicia recorrerá por vía administrativa para esixir a convocatoria deste órgano, o delegado do goberno pregúntase se tamén levaría aos tribunais a Rajoy.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.