Por E.P. | Santiago de Compostela | 30/07/2024 | Actualizada ás 17:52
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, animou este martes aos mozos a seguir vinculados ao rural e a "apostar por el, aproveitando o apoio que se lle presta por parte da Xunta de Galicia".
En clausúraa do IV Escola de iniciación de futuros gandeiros e entrega de mencións ás mellores explotacións, organizada por Fefriga e o Clube de Xóvenes Gandeiros, a conselleira puxo en valor as diferentes liñas de traballo do Goberno autonómico a favor da substitución xeracional no campo. Tal e como trasladou a Xunta nunha nota de prensa, a conselleira destacou o investimento de 164 millóns de euros en axudas xestionadas pola administración autonómica, que "propiciou a incorporación á actividade agrogandeira en Galicia duns 5.000 mozos".
Así mesmo, sinalou que neste ano 2024 o número de solicitudes para esta liña de axudas ascendeu a máis de 400 e destacou tamén que se puxo en marcha, por primeira vez, unha nova convocatoria de subvencións específica para persoas de entre 41 e 55 anos, que rexistrou máis de 170 solicitudes.
Do mesmo xeito, María José Gómez lembrou que nesta lexislatura porase en marcha un Plan de fomento da substitución xeracional "amplo e cunha perspectiva transversal, baseado na formación, a sensibilización e a incorporación ao campo". Nesta liña, remarcou, a Consellería busca "revalorizar e visibilizar na sociedade en xeral as profesións vinculadas ao campo".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.