O BNG esixe ao Goberno do Estado un concerto económico, "Galicia terá o mesmo trato que Euskadi e Cataluña"

A formación esixe ao Executivo dotar a Galicia da capacidade de recadar a totalidade dos impostos e negociar de forma bilateral co Estado.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/07/2024 | Actualizada ás 19:25

Comparte esta noticia

O BNG reclamou ao Goberno do Estado o seu compromiso para garantir un sistema de financiamento xusto para Galicia e lembroulle que existe un compromiso, adquirido polo PSOE no acordo de investidura entre ambas as formacións, no que se establece que "Galicia terá o mesmo trato que Euskadi e Cataluña en calquera avance que haxa".

A formación esixe ao Executivo dotar a Galicia da capacidade de recadar a totalidade dos impostos e negociar de forma bilateral co Estado a parte a entregar para os servizos comúns. "Un concerto económico dotaría a Galicia de maior autogoberno e maior capacidade para mellorar os servizos públicos galegos", sinala.

O deputado nacionalista no Congreso, Néstor Rego, sostén que "a diferenza entre os impostos que se recadaron en Galicia, quere dicir, entre o que os galegos e as galegas pagaron, e que o Estado devolveu, por exemplo no 2021, situouse en nin máis nin menos que 5.080 millóns". "5.080 millóns de espolio fiscal a un país que ten precisamente os indicadores socioeconómicos e de calidade de vida mais baixos do Estado", denuncia.

Estes datos, para a organización nacionalista, evidencian que o actual sistema de financiamento "é profundamente inxusto con Galicia" e "non atende nin ten en conta as especificidades do país". Os nacionalistas galegos, que lembran que a formación levou o asunto en diversas ocasións ás Cortes do Estado, insisten en que o acordo de investidura logrado polo BNG recolle literalmente que Galicia se asegura o mesmo status que as outras dúas nacións.

O deputado do BNG Néstor Rego, durante unha sesión plenaria extraordinaria, no Congreso dos Deputados, a 23 de xullo de 2024, en Madrid (España). O Pleno do Congreso elixe hoxe, 23 de xullo, ao dez novos vogais do Consello Xeral do Poder. Fernando Sánchez - Europa Press
O deputado do BNG Néstor Rego, durante unha sesión plenaria extraordinaria, no Congreso dos Deputados, a 23 de xullo de 2024, en Madrid (España). O Pleno do Congreso elixe hoxe, 23 de xullo, ao dez novos vogais do Consello Xeral do Poder. Fernando Sánchez - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Ferroviario

Non é certo, para nada que Galicia os indicadores socieconómicos e, moito menos, de calidade de vida, sexan os mais baixos do Estado. os indicadores mais baixos, con diferencia están en Andalucía, Extremadura e Canarias. E as Castelas, a Rioxa ou Asturias están nunha situación moi parecida a Galicia. Non é que cando un pasa Pedrafita o mundo exterior sexa fabuloso.