Ferido moi grave un ciclista que ía sen proteccións nin luces de madrugada

O home tiña 70 anos.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 02/08/2024 | Actualizada ás 12:41

Comparte esta noticia

Un ciclista de 70 anos resultou ferido moi grave ao ser atropelado por unha furgoneta na estrada N-540 ao seu paso polo municipio ourensán da Peroxa.

Segundo informa a Garda Civil, o accidente tivo lugar ás 3,45 horas da madrugada nun tramo recto sen iluminación pública. O ciclista, veciño de Pitón, A Peroxa, non facía uso de ningunha protección nin de pezas reflectoras. O condutor do vehículo resultou ileso.

O Equipo de Investigación de Sinistros do Subsector de Tráfico da Garda Civil de Ourense informa de que realiza as correspondentes investigacións para determinar as circunstancias concretas do sinistro.

O 112 Galicia indica que foi o propio condutor implicado no accidente quen contactou co servizo de emerxencias para pedir atención sanitaria porque apreciaba lesións graves no ciclista. Mobilizouse, entre outros, ao 061 a lugar do sinistro na parroquia de San Cibrao de Armental.

Ciclista atropelado na Peroxa. GARDA CIVL
Ciclista atropelado na Peroxa. GARDA CIVL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta