Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 02/08/2024 | Actualizada ás 16:15
O Diario Oficial de Galicia publica este venres o anuncio polo que a Xunta fai público o informe de impacto ambiental favorable do proxecto de conversión do corredor Brión-Noia en autovía.
Así, tal e como trasladou o Goberno galego nunha nota de prensa, unha vez analizado o proxecto construtivo do tramo comprendido entre os puntos quilométricos 11+640 e 21+300 e considerando as alegacións presentadas e os informes emitidos polos órganos sectoriais, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sustentabiliade emite informe de impacto ambiental favorable dado que "non son previsibles efectos adversos significativos sobre o medioambiente".
Con esta resolución, a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático pon fin á tramitación ambiental do proxecto construtivo, unha decisión que tamén lle foi trasladada á Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), como organismo promotor, para que poida continuar cos trámites necesarios para a súa execución.
O trazado que se proxecta terá unha lonxitude de 9,66 quilómetros, iniciándose no final da autovía AG-56, Santiago-Brión, e finalizando no tramo Martelo-Noia. Esta primeira fase de conversión en autovía supón o 60% da lonxitude de 18,2 quilómetros da vía de altas prestacións Brión-Noia, aproximadamente.
A estrada proxectada no desdobramento será para cada calzada de dous carrís de 3,5 metros, beiravías de 2,5 metros exterior e 1 metro interior, e disporá de mediana de 3 metros entre o bordo da beiravía das plataformas contiguas, dándolle continuidade ás características da autovía no tramo Santiago-Brión.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.