Besteiro esixe a comparecencia de Rueda para explicar o "malgasto" de 470 millóns no hospital Álvaro Cunqueiro
O grupo parlamentario socialista rexistrou unha batería de iniciativas en relación co "sobrecusto e outras irregularidades" na licitación do hospital vigués e avanzou que enviará unha carta ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, na que lle demanda a súa comparecencia urxente no Pleno por este asunto.
Por Europa Press / Redacción | VIGO | 03/08/2024 | Actualizada ás 14:38