Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 05/08/2024 | Actualizada ás 00:27
Os pulpeiros e pulpeiras do Carballiño prepáranse para conseguir o vindeiro martes, 6 de agosto, unha nova marca: elaborar unha tapa de polbo de 590 quilos nun prato de 5,37 metros de diámetro a gran velocidade. Será a partir das 19.00 horas na Praza Maior do municipio ourensán. Alí, para a elaboración da tapa utilizarán tamén uns 50 litros de aceite, sete quilos de sal e tres de pemento. A Festa do Polbo do Carballiño celebra este ano a súa 62 edición, que está dedicada á Denominación de Orixe Ribeiro e que conta cunha programación que se estenderá ata o domingo 11 de agosto, cando está prevista a gran romaría no Parque Municipal.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.