Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/08/2024 | Actualizada ás 18:23
Os encoros galegos rexistran 2.895 hectómetros cúbicos de auga almacenada, o que supón un 77,9% da súa capacidade, case tres puntos menos que hai unha semana.
Segundo os datos que publica o Ministerio para a Transición Ecolóxica, a reserva dos encoros do sistema Miño-Sil, os de maior capacidade, queda no 80,6%, dous puntos menos que hai sete días. Contan con 2.442 hectómetros cúbicos, 64 menos na comparativa intersemanal. Supón máis que o dato de hai un ano a estas alturas e da media da última década.
No tocante aos encoros de Galicia Costa, a súa auga embalsada baixa a 453 hectómetros cúbicos, o 66,2% da súa capacidade, catro puntos menos que unha semana antes. Este dato está por baixo tanto de comezos de agosto de 2023 como da media da última década.
Na última semana, as precipitacións afectaron á vertente atlántica. A máxima dos últimos sete días produciuse en Lugo con 27,2 litros por metro cadrado.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.