Varios puntos de Ourense estarán este domingo en alerta amarela por altas temperaturas

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/08/2024 | Actualizada ás 15:39

Comparte esta noticia

O sur de Ourense, Valdeorras e a conca do Miño ao seu paso por Ourense estarán este domingo en alerta amarela por altas temperaturas que poderán superar os 36ºC. Segundo Meteogalicia, aínda que haberá un descenso acusado das temperaturas máximas, a alerta amarela estará activa nesas zonas da provincia de Ourense desde as 15.00 horas ás 21.00 horas deste domingo.

Durante esa xornada, a chegada de aire frío en capas altas propiciará un aumento da inestabilidade atmosférica. Con esa situación espéranse bancos de néboa matinais nas zonas do interior. As temperaturas mínimas non terán cambios, mentres que as máximas sufrirán un moderado descenso en xeral, salvo na Mariña, onde ascenderán.

Un neno bota auga pola cabeza para refrescarse durante unha onda de calor
Un neno bota auga pola cabeza para refrescarse durante unha onda de calor | Fonte: Joaquin Corchero - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta