Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/08/2024 | Actualizada ás 20:59
A cidade de Ourense alcanzou os 42,6ºC, a temperatura máxima desta xornada de sábado que estivo marcada pola onda de calor e que deixou alertas laranxas en varios municipios de Galicia.
Segundo Meteogalicia, foi ás 17.10 horas cando o mercurio alcanzou o seu máximo na cidade das Burgas. Tamén nesta tarde, varios puntos da provincia de Ourense superaron os 40ºC, como son: Vilamartín de Valdeorras, Leiro, Laza e Rubiá. Ante esta xornada de altas temperaturas, a Xunta mantivo en alerta amarela as zonas do noroeste de Ourense, a montaña de Ourense e a conca do Miño ao seu paso por Pontevedra.
Pola súa banda, este sábado estiveron en alerta amarela, a conca do Miño ao seu paso por Ourense e Valdeorras. Na xornada deste domingo o nivel de alerta nestas zonas será amarelo.
XORNADA DO DOMINGO
Desta forma, na xornada do domingo a alerta amarela o sur de Ourense, Valdeorras e a conca do Miño será desde as 15.00 horas ás 21.00 horas deste domingo. Durante esa xornada, a chegada de aire frío en capas altas propiciará un aumento da inestabilidade atmosférica. Con esa situación espéranse bancos de néboa matinais nas zonas do interior.
As temperaturas mínimas non terán cambios, mentres que as máximas sufrirán un moderado descenso en xeral, salvo na Mariña, onde ascenderán.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.