Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/08/2024 | Actualizada ás 15:59
Un home e unha muller foron detidos como presuntos autores dunha agresión con arma branca a un mozo de 17 anos en Palmeira, no municipio coruñés de Ribeira. Segundo detallaron fontes da investigación a Europa Press, o suceso produciuse na madrugada deste domingo nunha pelexa entre varios mozos na que un menor resultou ferido por arma branca no abdome e nunha perna.
O ferido, tal e como detallaron estas mesmas fontes, foi trasladado ata o Hospital do Barbanza polos axentes da Policía Local, xa que a ambulancia viña de Boiro e o tempo de asistencia era máis prolongado. A detención dos presuntos autores foi efectuada por axentes da Policía Nacional e da Local.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.